Celebrado en Camporrapado, Boqueixón o día 18/05/2024.

Programa 2024

Os veciños de Camporrapado, pertencente á parroquia de Oural no concello de Boqueixón, celebrarán os días 17, 18 e 19 de maio a súa festa relixiosa na honra da Virxe de Fátima, Nosa Señora do Rosario e San Cidre.

O venres 17 de maio comezará ás 22:00 horas a festa na honra da Virxe de Fátima co oficio da misa seguida da tradicional procesión acompañada polo grupo Son de Gaitas. A continuación, o festival comezará con Ángel América e Punto Zero.

Sábado 18, ás 13.00 horas celebrarase a misa na honra da Nosa Señora do Rosario. Pola noite o festival estará amenizado pola orquestra compostelá e Chocolate discomobile.

O domingo 19, ás 11:00 horas terá lugar a Xuntanza de Carrozas, que estará amenizada pola música da charanga BB+ e do grupo Son da Gaita. A continuación, os presentes poderán gozar do tradicional Desfile de Carrozas ata o campo da festa onde terá lugar a degustación de viños e varios pintxos. Ás 12:00 horas celebrarase a misa solemne na honra de San Cidre, e ao remate terá lugar a actuación do grupo Cantigas e Agarimos.
Ás 14.00 horas realizarase a entrega dos premios da carroza, entregados por Javier do Nervioso, e inmediatamente despois comezará a lectura do pregón a cargo do presentador da TVG Fran Cañotas. Ao remate sesión vermú co grupo Tania Veiras e a banda de música BB+.

A partir das 18.00 horas, a festa correrá a cargo da orquestra Olympus.

Haberá carpa, aparcamento e polbo os tres días.

Fotografías