Ao igual que cada ano, Agamac participará na ruta en tractor dende Silleda ata Xestoso con motivo das festas patronais.

Programa

O programa para o día 10 de setembro é o seguinte:
Concentración ás 10 da mañá no campo da festa de Escuadro, onde os participantes que asistan en tractor poderán gozar dun pequeno almorzo para coller enerxías.

Ás 11:30 será a saída hacia Xestoso, facendo unha pequena ruta de aproximadamente 20km.

A chegada a Xestoso será sobre as 13:00, onde terá lugar a concentración e posterior xantar para os asistentes que se anotaran.

A comida consta de empanada, pulpo á feira, churrasco ou carne ao caldeiro, postre e café, cun custo de 30€/persoa.

Fotografías