Celebrada o 26/05/2024, participamos con varios tractores.
Programa 2024
O sábado 25 de maio, o día previo á celebración da XLI Festa do Labrego na parroquia cambadesa de Vilariño, os máis pequenos poderán gozar da tarde con xogos populares e unha gran colchoneta libre, e participar na chave .
A nota musical da noite correrá a cargo das orquestras La Ola ADN e Assia.
O domingo 26, os actos comezan ás 9:00 horas coa actuación da madrugada dos grupos folclóricos Os Carballeiras, Volandeiras e Os Demos da Petaca.
Ás 10:00 horas dará comezo o Desfile de Carros do País, Tractores, Cabalos e Carricaos, que sairá como é tradición engalanado con flores e acompañado das citadas comparsas.
Unha vez no recinto do festival, na Barca na Cova de Lobos, terá lugar a presentación do festival e as actuacións dos grupos folclóricos Os Carballeiras, Volandeiras e Os Demos da Petaca. A continuación, terá lugar o reparto dos riquísimos chourizos, pan de millo e viño tinto. Tamén haberá exposición, venda e poxa de produtos agrícolas e exposición e desfile de tractores antigos.
Pola tarde celebraranse as típicas competicións de tiro a corda, sacos, zancos, chave, etc.
Cando chegue a noite, os presentes poderán gozar a partir das 21:30 horas co festival amenizado polo grupo A Xaiba e a orquestra Miramar.
Sobre este evento
Celébrase todos os anos na parroquia cambadesa de Vilariño, é unha homenaxe aos labregos e cada ano reúne a centos de persoas que se achegan a gozar das tradicións culturais e dos actos lúdicos programados; desfile de turismos, tractores, cabalos e carruaxes, concursos, actuacións musicais…