Festival de Sementeira e Música en Salvaterra de Miño, 11/05/2024.
Programa 2024
Os veciños da parroquia de Corzáns, no concello de Salvaterra de Miño, celebrarán os días 11 e 12 de maio a XV Sementeira e Música, un acto dedicado ás tarefas agrarias. Os asistentes a estas sesións, que terán lugar na Área Recreativa do Muíño da Ponte (Paseo Fluvial do Mendo), poderán gozar do seguinte programa:
Sábado día 11, ás 10:00 horas comezará a concentración de tractores clásicos e ás 14:00 horas terá lugar esta concentración na Praza do Concello. Ás 14.00 horas tamén haberá sesión vermú con Storrentos.
Ás 16:30h comezarán os obradoiros e animación infantil, ás 18:00h comezará a actuación do grupo Sun Iou, ás 19:30h a sesión de DJ de La Duedeneta Tabernas.
Ás 21:30h poderase gozar da música DJ de La Duedeneta e ás 22:15h coa actuación de Mondra. Ás 23.30 horas La Duendeta volverá amenizar a festa e ás 12.00 horas comezará a actuación de Familia Caamagno. Á 1:30 horas volverá La Duedeneta coa súa sesión de DJ e ás 2:00 horas será a quenda da música do grupo O Caimán do Río Tea. Para rematar, sesión de DJ con La Duedeneta a partir das 03:30 h.
O domingo día 12, os actos da xornada comezan ás 11:00 horas coa entrada do carro de bois na torre, acto que dará paso á actuación de Naiama Gaiteiros. Ás 11:30 horas comezarán os traballos de laboura e sementeira e ás 12:30 horas unha nova actuación de Naiama Gaiteiros. Ás 13.15 horas actuará As Lucernas e ás 14.00 horas lerá o pregón David Perdomo.
Ás 15.00 horas actuará o grupo Pedepote e ás 16.00 horas comezará a IX Olimpíada Agraria, para nenos e maiores. Ás 18.30 horas a Troupe Festicultores amenizará a festa, ás 20.00 horas terá lugar a elección dos labregos mellor vestidos e ás 21.00 horas rematará o festival.
Haberá postos de comida os dous días.