agamac@hotmail.com
Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica
435 vistas 4 minutos

Quén somos

A.G.A.M.A.C.

Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica

A Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica (AGAMAC) naceu nos comenzos do ano 2006 ao amparo da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo coa finalidade de cubrir unha necesidade na conservación do patrimonio arqueolóxico industrial agrario galego, e xurde asi mesmo, da ansia e das inquedanzas de unhos poucos apaixoados o coleccionismo, a restauración, e amantes do agro e o rural en xeral. Esta actividade está moi desenvolvida e conta con moitos siareiros en paises onde a agricultura se atopa nunha fase máis avanzada de desenvolvemento e sostibilidade ca no territorio Galego, así por exemplo en Holanda existe unha feira epecializada de maquinaria agrícola de época das dimensións da FIMA de Zaragoza (Historisch Festival te Panningen) , e no Reino Unido existen máis de 100 museos privados de maquinaria agrícola de época. No estado Español existe certo nivel de desenvolvemento desta actividade en Cataluña, e algunhas outras feiras e exposición espalladas polo resto do territorio.

Cabe destacar dúas cousas fundamentais como resumo dos fins desta asociación, nos seus estatutos o fin nº 1 é o aumento da autoestima dos traballadores do agro , xa que despois dos bois, o tractor pasou a ser motivo de orgullo nas explotacións; e 2º: que a nivel de España é unha das primeiras asociacións creadas sobre éste tema, e a primeira e única (polo momento) en Galicia. Ademais de realizar diversas exposicións colaboramos na materialización da disposición adicional 2ª do RD 1539/2006 (MAPA) sobre a mellora no parque nacional de tractores, materializada no executivo de Galicia na Orde do 10 de maio de 2007, Artigo 13, da Consellería do Medio Rural , sendo o modelo de certificado esixido a nivel nacional o proposto por AGAMAC. Tódolos socios de AGAMAC e especialmente o Presidente, amosamos un gran interés polo rural e a súa evolución hacia o equilibrio ecolóxico-económico-social, estando formada na actualidade por unhos 45 socios, ligados en xeral o agro e as máquinas, ben sexa por razons de traballo, estudos, ou simplemente paixón.

     – Os seus fin principais son:

a) Proporcionar información técnica a restauradores e museos, enviando os comunicados pertinentes.

b) Promover contactos entre restauradores e museos tanto da comunidade autónoma como do territorio nacional, así como facilitar os medios disponibles para comunicarse e intercambiar información con actividades homólogas en paises con fala extranxeira.

c) Divulgar e difundir, entre restauradores e asociados, os contados de revistas, libros e outras fontes de información especializadas para acadar un bo nivel de restauración, facilitar e optimizar o proceso restaurativo, tanto en cuestións técnico mecánicas, como de identificación de modelos, anos, lugares de fabricación, números de serie, etc, etc..

d) Constituir unha biblioteca temática, relacionada coa restauración.

e) Crear un arquivo fotográfico de pezas, eventos e persoas relacionadas coa asociación e as súas actividades, así como tamén audiovisual das actividades promovidas pola asociación ou outras relacionadas.

f) Formación técnica ós asociados.

g) Restuaurar e difundir a memoria histórica da mecanización do agro.

h) Asistir a feiras temáticas do sector, de forma coordinada e organizada para optimizar recursos.

i) Establece-los procedementos legais pertinentes, para acadar o recoñecemento dos Departamentos de Agricultura da Comunidade Autónoma e do Estado.

j) Prestar asesoramento e soporte legal, se fose requerido, para conseguir un rexistro de maquinas agrícolas clásicas, así definidas, así como a calificación de «clásicas» ás máquinas que se atopen incluidas no ámbito da definición de «vehículo».

k) A «Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica», poderá federarse con organizacións de ámbito Nacional.

l) Promover a autoestima dos traballadores do agro e do rural, así como fomentar un desenvolvemento ecolóxico, económico e social sostibles.

m) A Asociación non ten fins lucrativos nin está sometida a ningún réxime asociativo específico.