estás aquíPresentación do libro “AGAMAC HISTORIA VIVA”

agamac banner
agamac banner

Presentación do libro “AGAMAC HISTORIA VIVA”


By toni - Posted on 23 Xaneiro 2012

 

O día 28 de xaneiro de 2012, a Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica (AGAMAC), presenta a primeira edición do libro “AGAMAC HISTORIA VIVA”. Con esta publicación preténdese fomentar a “autoestima do traballador do rural”, mediante a recolleita de historias de xente que o ama, a él, e a todo o que o rodea, e, ao mesmo tempo, contar as pequenas historias que esta asociación desenvolveu ao longo da súa traxectoria, usando como punto de atención o atractivo da maquinaria agrícola clásica e de época, co lema “Coidamos da Terra” e co fin último, xa nomeado, de potenciar a autoestima. 

 

DESCARGAR O LIBRO EN PDF

 

Distribución temporal e espacial do acto

Lugar: Hotel Torre de Núñez. (Estrada N. VI, Km 496 / A-6 saída 488, na rotonda direccion Lugo (Conturiz, LUGO)   Telf.: +34 982304040 Coordenadas: 42º 58, 647' N / 7º 31, 056' O)

Data: 28 de xaneiro de 2012.

Horarios: 

- 19:30 da tarde, recepción, agradecemento e saúdo de tódolos/as asistentes/as por parte do Presidente da asociación e da súa xunta directiva. 

- 19:45 da tarde, video conferencia de D. Joan Artigas Campas, exdirector técnico de Parés Hermanos, e actual coordinador de Famae e Famae News.

- 20:00 da noite, intervención de varios articulistas do libro.

- 20:30 da noite, presentación oficial do libro e coloquio.

- 21:00 da noite, cea oficial da presentación.